Precisamos a túa axuda!

Apoia a nosa campaña enviando a túa propia solicitude de datos ó SERGAS. Queremos elaborar un informe da incidencia dos tratamentos de “disforia de xénero” en GALICIA

Queremos saber, e queremos contalo!

Se tes dúbidas:

INSTRUCCIÓNS PARA ENVIAR A TÚA SOLICITUDE


SOLICITUDE PRESENCIAL:

  1. Abre este documento: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/11203686

  2. Rechea os campos:

    a) Obxeto da solicitude de información co seguinte texto:

    Solicito que me sexan proporcionados os datos de carácter estatísticos anuais, ou de periodicidade inferior, dos últimos dez anos, sobre as cifras de incidencia e prevalencia, desagregadas por sexo e idade desagrupados, de persoas que en cada período foron tratadas cun diagnóstico de disforia de xénero, no Servizo Galego de Saúde.

    b) Motivación (opcional):
    Por lei non é obrigatorio, pero aquí podes poñer o que queiras. Pero para facer aínda máis presión, agradeceríamosche unha mensaxe de apoio á PFRG co texto:

    “Quero expresar a miña indignación pola falla de transparencia da Conselleria de Sanidade coa sua ausencia de resposta á petición realizada pola PRFG o pasado mes de marzo de 2024”

    c) Secretaría: Xeneral técnica da Consellería de Sanidade

  3. Imprímeo

  4. Entrégao nun Rexistro da Xunta de Galicia. Este é o listado: https://012.xunta.gal/es/servizos-destacados/oficinas-de-atencion

SOLICITUDE TELEMÁTICA:

  1. Accede a: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=PR100A&gateway=true

  2. Entra en Tramitar en línea e identificate coa túa Chave365 ou outra das opción disponibles.

  3. Dentro de “A miña sede”, verás o formulario en versión web e rechea cos mesmos datos da opción presencial (puntos a e c).

  4.  En “MODALIDAD QUE SE PREFIERA PARA ACCEDER A LA INFORMACIÓN SOLICITADA”. Seleccionar solamente “Por correo electrónico”

  5. Non é necesario rechear nin anexar nada máis. Firma o documento e descarga o certificado da solicitude e o xustificante.

  6. Se tes dúbidas, na pestana de “Presentación”, debaixo do apartado “¿Cómo podo?”, no botón que di “Presentar unha solicitude”, tes os pasos resumidos.

  7. Poderás ver o estado da solicitude en “Os meus expedientes” na túa sede electrónica.

Por favor, confírmanos o teu apoio das seguintes formas:

  1. Envíanos un correo a investigacion.pfrg@gmail.com confirmando que fixeches a petición. Seríanos moi útil que aportases o número de EXPEDIENTE a modo de contabilizar o apoio xeral

  2. Utiliza os hashtags en RRSS #EuApoioPFRG e #QueremosSaber  

  3. Posteriormente faremos campaña en medios de comunicación, polo que precisamos os máximos datos de seguemento posibles

Se queres darnos a túa testemuña

como docente, sanitaria, psicóloga, pedagoga, abogada, paciente diagnosticada, ou nai ou pai de paciente, etc., ou o teu apoio como voluntaria na investigación, inscríbete neste FORMULARIO

Moitas grazas!

We use cookies to improve your experience and to help us understand how you use our site. Please refer to our cookie notice and privacy statement for more information regarding cookies and other third-party tracking that may be enabled.

PARA MÁIS INFORMACIÓN

ESTAMOS EN REDES

Instagram icon
X icon

© 2024 PFRG

Intuit Mailchimp logo